Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de exposición ó público da aprobación inicial dos estatutos e bases da actuación da Xunta de Compensación do SAUR-4.

A Alcaldía-Presidencia, con data do 9 de outubro de 2002, dictou o Decreto nº 478, co seguinte contido:

«Vistos os estatutos e as bases de actuación presentados por Miguel Maiz Bescansa, o 19 de setembro de 2002, co número 6838, en representación da Comisión Xestora do SAUR-4, sito en Fontán (Sada), esta alcaldía, consonte as competencias atribuídas polo artigo 21.1º j) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, na súa actual redacción conferida pola Lei 11/1999, do 21 de abril,

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar inicialmente os devanditos estatutos e as bases de actuación, coas seguintes modificacións:

-Ó artigo 43 dos estatutos engadiráselle a seguinte mención: «En todo caso, nos supostos b), c) e d), para que a disolución da xunta de compensación se faga efectiva, requirirá o acordo do órgano competente do Concello de Sada, para tal fin».

-Modifícase a base 16ª.2 das bases de actuación, que pasará a te-la seguinte redacción: «O proxecto de compensación será aprobado inicialmente polo Pleno da Xunta de Compensación, debendo adoptarse o correspondente acordo pola maioría dos seus membros que, así mesmo, deban alcanza-los dous tercios das cotas de participación. Do dito acordo de aprobación inicial darase traslado ó Concello de Sada e procederase á publicación do correspondente anuncio de exposición ó público no Diario Oficial de Galicia, con notificación individualizada ós interesados, concedendo un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da última publicación ou notificación, para a presentación de alegacións. As devanditas alegacións serán resoltas polo órgano competente do Concello de Sada que, se é o caso, procederá á aprobación definitiva do devandito proxecto de compensación.

Para esta tramitación aplicarase, en canto sexa posible, o procedemento abreviado establecido no artigo 137 da Lei do solo de Galicia».

Segundo.-Remitir, para a súa publicación no DOG e no BOP, o correspondente anuncio de aprobación inicial dos devanditos instrumentos urbanísticos, concedéndolles ós interesados un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación, para que poidan presentar cantas alegacións consideren oportunas, significándolles que o expediente está á súa disposición na secretaría municipal».

Sada, 9 de outubro de 2002.

José Emilio Gómez López

Alcalde en funcións