Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións (SCS.-11/2002) para a adquisición de mobiliario xeral e de oficina con destino a varios hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia (once lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

Adquisición de equipamento de mobiliario xeral e de oficina con destino a varios hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-11/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de mobiliario xeral e de oficina.

c) Lote: 11 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 75, do 18 de abril, BOE nº 99, do 25 de abril e DOCE S80, do 24 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón cento oito mil oitocentos trinta e catro euros, IVE incluído (1.108.834 euros); que se desagregan en dúas anualidades, para o ano 2002, 878.194 euros e para o ano 2003, 230.640 euros.

LoteDescriciónAnualidade 2002Anualidade 2003

1Mesas e armarios estándar298.269 A77.080 A

2Cadeirado estándar143.940 A36.360 A

3Accesorios estándar28.365 A7.440 A

4Audiovisuais50.350 A18.900 A

5Cadeirado para aulas41.580 A10.500 A

6Salas estar e espera147.360 A37.020 A

7Accesorios para salas comúns7.200 A2.160 A

8Dotación dormitorios1.800 A600 A

9Vestiarios e almacén104.430 A26.430 A

10Electrodomésticos9.900 A2.750 A

11Arquivo historias clínicas45.000 A11.400 A

Adxudicacións:

Lote nº 1: mesas e armarios estándar.

a) Data: 2 de agosto de 2002.

b) Contratista: Lógica Equipamentos Integrales, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 255.561,31 euros para o ano 2002 e 65.937,08 euros para o ano 2003, IVE incluído.

Lote nº 2: cadeirado estándar.

Lote nº 6: salas estar e espera.

Lote nº 7: accesorios para salas comúns.

Lote nº 9: vestiarios e almacén.

a) Data: 2 de agosto de 2002.

b) Contratista: Sutega Mobiliario de Oficina, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 2 (var. 2, 6, 7, 9, por un importe de 324.555,05 euros para o ano 2002 e 82.136,35 euros para o ano 2003, IVE incluído).

Lote nº 3: accesorios estándar.

Lote nº 8: dotación dormitorios.

Lote nº 10: electrodomésticos.

a) Data: 2 de agosto de 2002.

b) Contratista: Imagen Hostelería y Oficinas, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 3, 8, 10, por un importe de 30.813,84 euros para o ano 2002 e 8.296,73 euros para o ano 2003, IVE incluído.

Lote nº 4: audiovisuais.

a) Data: 2 de agosto de 2002.

b) Contratista: Audivisuais Codec, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote 4, por un importe de 51.031,92 euros para o ano 2002 e 18.060,44 euros para o ano 2003, IVE incluído.

Lote nº 5: cadeirado para aulas.

a) Data: 2 de agosto de 2002.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote 5 (oferta base), por un importe de 36.828 euros para o ano 2002 e 9.300 euros para o ano 2003, IVE incluído.

Lote nº 11: arquivo historias clínicas.

a) Data: 2 de agosto de 2002.

b) Contratista: Roneo Ucem Comercial, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote 11, por un importe de 37.375,50 euros para o ano 2002 e 9.468,46 euros para o ano 2003, IVE incluído.

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos