Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

EDICTO do 16 de setembro de 2002, da Inspección de Servicios Sanitarios, polo que se notifica o prego de cargos do expediente disciplinario 27/01-M.

A través do presente edicto do instructor do expediente disciplinario que a Secretaría Xeral da Con

sellería de Sanidade ordenou instruír (polo acordo do 13-11-2001) ó médico eventual de Atención Primaria do Sergas de Ourense, Carlos Iván Manrique Argüelles, notifícaselle a este a formulación do prego de cargos coa data 2-5-2002, prego que se atopa á súa disposición nas dependencias da Inspección Sanitaria do Sergas de Vilagarcía de Arousa, sita na avenida das Carolinas, s/n (Ambulatorio San Roque), para que o expedientado poida, no prazo de 8 días hábiles exerce-lo dereito de vista do mesmo e presenta-lo prego de descargos (no que se expoña as súas alegacións e propoña as probas que interese).

Transcorrido o prazo sen que fixera uso dos seus dereitos referidos anteriormente, continuarase a tramitación do expediente de acordo co procedemento estatutariamente establecido.

Este edicto expídese cumprindo o disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa redacción dada pola lei 24/2001, do 27 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e do orde social), ó non poder practica-la notificación no domicilio do expedientado.

Vilagarcía de Arousa, 16 de setembro de 2002.

Juan Antonio Martín Tejedor

Inspector de Servicios Sanitarios e instructor