Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2002 pola que se abre un novo prazo para a presentación de ofertas e das solicitudes de participación no concurso aberto e tramitación ordinaria para o outorgamento de concesión de explotación das instalacións náutico-deportivas no porto de Ares. (Expediente 12-08-02-C-1).

Por Resolución do 24 de setembro de 2002, do ente público Portos de Galicia, anunciouse o concurso aberto e tramitación ordinaria para o outorgamento de concesión de explotación das instalacións náutico-deportivas no porto de Ares (expediente 12-08-02-C-1), mediante anuncio publicado no DOG nº 189, do 1 de outubro de 2002. Advertidos erros tipográficos nas fotocopias do prego de bases postos á disposición dos solicitantes para o dito concurso de outorgamento de concesión de explotación das instalacións náutico-deportivas no porto de Ares, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 18 de 24 do prego de bases para o concurso de outorgamento de concesión de explotación das instalacións náutico-deportivas no porto de Ares, no punto 11.- (canons, tributos e gastos), letra b) (Canon por ocupación de instalacións), onde di: «Un canon anual cunha contía mínima de 15,84 euros por metro cadrado de praza de amarre de uso público (superficie dispoñible e obrigatoria de 626 m).

Os licitadores poderán propoñer na súa oferta unha contía superior deste canon», debe dicir: «Un canon anual cunha contía mínima de 15,84 euros por metro cadrado de praza de amarre de uso público (superficie dispoñible e obrigatoria de 626 m).

Un canon anual por ocupación do edificio de servicios cunha contía mínima de 14.838,00 euros.

Os licitadores poderán propoñer na súa oferta unha contía superior destes canons».

No anexo I do prego de bases (modelo de proposición económica), letra b) (Canon por ocupación de instalacións), onde di: «Un canon anual de... euros por metro cadrado de praza de amarre de uso público», debe dicir: «Un canon anual de... euros por metro cadrado de praza de amarre de uso público.

Un canon anual de... euros por ocupación do edificio de servicios».

Por iso, ábrese un novo prazo para a presentación das ofertas e das solicitudes de participación, que rematará ás doce horas do cuadraxésimo quinto (45º) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

O enderezo na Internet para a obtención da documentación e información é: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1972.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia