Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 9 de setembro de 2002, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Cornuda, Cabernales I, Cabernales II, Punta Malladoira, Xan de Outeiro, Con de Coazo e Costa II, pertencentes á parroquia de San Vicente do Grove do concello do Grove.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 3 de abril de 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: O Grove.

Parroquia: San Vicente do Grove.

Nome do monte: parcela nº 1 Cornuda.

Cabida: superficie alegada na solicitude 3.000 m.

Lindes: tódolos ventos: predios particulares.

Estado forestal: abundantes afloramentos rochosos, algúns exemplares adultos e rexeneración de pinus pinaster.

Nome do monte: parcela nº 4 Cabernales I.

Cabida: superficie alegada na solicitude 7.000 m.

Lindes:

Norte, leste e oeste: predios particulares e predios particulares muro por medio.

Sur: estrada do Grove a San Vicente, predios particulares, muro por medio e predios particulares.

Extremeiros:

Norte: Flora Pérez Pérez, hros. de Eduardo Vidal e outros.

Leste: Manuel Otero Pérez.

Sur: hros. de Manuel Lijó, Carmen Vidal Piñeiro e outros.

Oeste: hros. de Dolores Álvarez, José Meis García.

Estado forestal: monte arborizado de P. pinaster con distintas idades.

Nome do monte: parcela nº 5 Cabernales II.

Cabida: superficie alegada na solicitude 500 m.

Lindes:

Norte: estrada O Grove-San Vicente.

Leste, sur e oeste: predios particulares.

Estado forestal: raso.

Nome do monte: parcela nº 15 Punta Malladoira.

Cabida: superficie alegada na solicitude 6.000 m.

Lindes:

Norte e oeste: zona marítimo-terrestre.

Sur e leste: predios particulares.

Estado forestal: abundantes afloramentos rochosos, matogueira.

Nome do monte: parcela nº 16 Xan de Outeiro.

Cabida: superficie alegada na solicitude 10.000 m.

Lindes:

Norte e oeste: zona marítimo-terrestre.

Leste e sur: predios particulares.

Estado forestal: aliñación de P. pinaster ó bordo de praia.

Nome do monte: parcela nº 17 Con de Coazo.

Cabida: superficie alegada na solicitude 10.000 m.

Lindes:

Norte e leste: predios particulares.

Sur e oeste: zona marítimo-terrestre.

Estado forestal: matogueira baixo con abundantes afloramentos rochosos.

Nome do monte: parcela nº 23 Costa II.

Cabida: superficie alegada na solicitude 20 m.

Lindes:

Norte e leste: predios particulares.

Sur: camiño.

Oeste: estrada O Grove-San Vicente.

Estado forestal: ermo, sobrante de camiño no cruzamento de camiño con estrada, ocupado por entulleira.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 9 de setembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común