Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 636/2002.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoo que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoo que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro

de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 636/2002.

Acta nº: 497/2002.

Titular: Arquinterior, S.L. NIF/DNI: B-82299983.

Enderezo: Mosteiro de Caaveiro, 5-1º E, (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 27-9-2002.

Resolución. sanción por importe de 3.005,08 A.

Feitos: visitado o centro de traballo que a empresa da referencia posúe na r/ Mondoñedo, 2 (A Coruña), constatouse que a escaleira de obra do edificio en construcción carecía de varanda protectora no treito entre o 3º e o 5º andar. Ademais, o oco correspondente ó patio traseiro, con 2,30 metros de altura,

tiña como única protección un taboleiro de madeira colocado en forma oblicua.

Vulnéranse os artigos 188 da OM do 28-8-1970; e anexo IV parte C 3 a) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: dúas faltas graves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos arts. 12.16º f) e 39.3º e 40.2º b), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 27 de setembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña