Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2002 Páx. 15.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a prestación dun servicio de mantemento e conservación dos edificios xudiciais e instalacións da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de mantemento e conservación dos edificios xudiciais e instalacións da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) División por lotes e número: non leva.

c) Lugar de execución: os sinalados no punto 2 do prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: un ano contado desde o día 1 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 601.012 A, IVE incluído, segundo o seguinte desagregación:

Ejercicio 2002: 50.084,33 A.

Ejercicio 2003: 550.927,67 A.

5. Garantía provisional: a sinalada no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

Orde do Ministerio de Facenda do 24 de novembro de 1982, modificada pola Orde do 30 de xaneiro de 1991:

Grupo: 3.

Subgrupo: 5.

Categoría: C.

Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas:

Grupo: O.

Subgrupo: 1.

Categoría: D.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: 14 horas do 28 de novembro de 2002.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2º Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 3 de decembro de 2002.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 8 de outubro de 2002.

12. Así mesmo, tamén poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais