Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EXPOSICIÓN pública do avance da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 18 de outubro de 2002, tomou coñecemento do avance da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, no que se conteñen a estratexia, as directrices e os obxectivos xerais do plan, que van orientar-la súa redacción.

En cumprimento do esixido polo artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o avance sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia.

Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo documento na Oficina Municipal de Atención ó Cidadán, sita na praza da Trindade, e formular, mediante escrito dirixido ó presidente da corporación, as suxestións, propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes para orienta-la redacción do plan.

Así mesmo, o avance será exposto para consulta dos cidadáns no Colexio de Fonseca, desde o día 23 de outubro ata o 29 de novembro deste ano.

En todo caso, o período de información pública, para os efectos de presentación de suxestións, propostas e convenios, será dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde