Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, do 6 de febreiro de 2002, publícase a oferta de emprego público deste concello para o ano 2001 e as bases xerais da convocatoria de prazas e no mesmo boletín oficial do 19 de xuño de 2002 a oferta de emprego deste concello para o ano 2002. Así mesmo, no BOP da Coruña do 2 de setembro de 2002 (corrección de erros publicada o 26 de setembro) publícanse as bases específicas da convocatoria para a provisión en propiedade de tódalas prazas incluídas nas citadas ofertas, que se relacionan a seguir:

Persoal funcionario de carreira

a) Ingreso:

-Tres prazas de administrativo/a. Grupo C. Concurso-oposición.

-Cinco prazas de auxiliar administrativo/a. Grupo D. Oposición libre.

-Unha praza de técnico/a superior en prevención de riscos laborais. Grupo A. Oposición libre.

-Unha praza de técnico/a de xestión tributaria. Grupo B. Oposición libre.

-Unha praza de técnico/a de xestión catastral. Grupo B. Oposición libre.

-Dúas prazas de técnico/a auxiliar en informática. Grupo C. Oposición libre.

-Vintetrés prazas de bombeiro/a conductor/a. Grupo D. Oposición libre.

-Doce prazas de garda da policía local. Grupo D. Oposición libre.

b) Promoción interna:

-Once prazas de administrativo/a. Grupo C. Concurso-oposición.

-Unha praza de músico. Grupo B. Concurso-oposición.

-Unha praza de técnico/a auxiliar en prevención de riscos laborais. Grupo C. Concurso-oposición.

-Dúas prazas de auxiliar de inspección de sanidade e medio ambiente. Grupo D. Concurso-oposición.

-Dúas prazas de cabo da policía local. Grupo D. Concurso.

Persoal laboral

-Unha praza de ATS-DUE. Nivel de titulación: diplomado/a universitario/a. Concurso-oposición.

-Unha praza de director/a de tempo libre. Nivel de titulación bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente. Concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será o de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados coa convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde