Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva de delimitación de unidade de actuación e proxecto de compensación en Vertín-Mondego.

Por decreto da Alcaldía nº 455, de data 25-9-2002, foron aprobados definitivamente a delimitación da unidade de execución e o proxecto de compensación dunha parcela sita en Vertín-Mondego, por instancia

de Enrique e Juan Suárez Pena, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Jorge Zapata Blanco; unha vez expostos ó público os devanditos instrumentos urbanísticos por espacio dun mes, logo de anuncios no DOG nº 46 de data 5-3-2002 e no xornal El Ideal Gallego de data 31-1-2002, sen que se formularan alegacións, coa modificación respecto da aprobación inicial do proxecto de compensación de que se realiza a compensación económica do aproveitamento urbanístico resultante a prol deste concello.

O que se publica para xeral coñecemento, facendo constar que os interesados poderán interpor contra o acordo de aprobación definitiva recurso de reposición ou ben directamente contencioso-administrativo, consonte o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Sada, 26 de setembro de 2002.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde