Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O alcalde dictou con data 14 de outubro do actual ano o seguinte:

«Decreto.-Visto o expediente IV-8/2002 relativo ó estudio de detalle reformado CN-120 en Gulpilleira-O Porriño, promovido pola empresa Coldimar, S.L., e redactado polo arquitecto Santiago Ulloa Ayora, visado o día 3 de maio de 2002, e a súa documentación complementaria tamén visada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Vigo) o día 6 de maio de 2002, presentada a requirimento do arquitecto técnico municipal.

O devandito estudio de detalle ten por obxecto a modificación do estudio de detalle Adhesivos Industriales Núñez, aprobado definitivamente polo Pleno desta corporación o día 10-11-1987.

Tendo en conta que no expediente constan informes do arquitecto técnico municipal, do arquitecto-director do equipo redactor do PXOM do Porriño, Manuel J. Freijeiro, e do avogado José Luís Narbón.

Considerando o disposto nos artigos 30, 34.2º e 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, os artigos 65 e 66 do Regulamento de planeamento urbanístico e os artigos 21.1º j) e 22.2º c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Vistos os antecedentes e preceptos referidos e demais concordantes, esta alcaldía resolve:

a) Aprobar inicialmente o estudio de detalle referido.

Esta aprobación determina, por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias no ámbito do estudio de detalle.

b) Somete-lo expediente completo a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia».

No indicado prazo, que se computará a partir da publicación no DOG, o expediente queda exposto na secretaría do concello tódolos días hábiles de 9 a 14 horas, podendo presentarse alegacións e reclamacións ó estudio de detalle aprobado inicialmente.

O Porriño, 14 de outubro de 2002.

José Manuel Barros González

Alcalde