Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1100/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 16 de maio de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización parcial de rúa de nova apertura entre a rúa Conde Balvís e Rúa Vella, por instancia de Manuel González Borrajo, en representación de Centro Inmobiliaria Valenzana, S.L., condicionado o compromiso, en comparecencia pública, de executar, simultaneamente á urbanización, os servicios de comunicacións e gas, así como dar cumprimento ás normas técnicas municipais vixentes na materia, durante a execución das obras e logo de constitución de garantía na cantidade 16.298,58 euros, o equivalente o orzamento de execución por contrata, para responder da execución, mantemento e conservación da urbanización ata a recepción das obras polo concello.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 30 de maio de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde