Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 18 de outubro de 2002, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos, de rectificación de erros materiais no anteproxecto e prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso para a contratación conxunta do proxecto e execución de obra de compartimentación do aforo do Coliseum (anuncio do concurso publicado no Diario Oficial de Galicia número 189, do 1 de outubro, e no BOP número 234, do 11 de outubro).

Por resolución do presidente do IMCE, do 17 de outubro de 2002, realizáronse as seguintes rectificacións:

-Cláusula 15ª do prego de cláusulas administrativas particulares onde di: «(...) o licitador deberá te-la clasificación seguinte:

Grupo C, subgrupo 3, categoría C.

Grupo J, subgrupo 1, categoría B.

Debe dicir: (...) o licitador deberá te-la clasificación seguinte:

Grupo C, subgrupo 3, categoría C.

Grupo J, subgrupo 5, categoría B.

Orzamento que figura no anteproxecto.

Onde di: «Horarios redacción, dirección, obra e estudio seguridade e coordinación dela 6,5% s/331.655,18 ... 19.899,31».

Debe dicir: «Honorarios redacción, dirección, obra e estudio seguridade e coordinación dela 6% s/331.655,18 ... 19.899,31».

O prazo de corenta días previsto no prego de cláusulas administrativas particulares para a presentación de proposicións comezará a computar novamente a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio de rectificacións no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de outubro de 2002.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal

A Coruña Espectáculos