Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle U.A. D-SU-UA 2 A Carrasqueira (Coruxo) (expediente 6961/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 2 de setembro de 2002, adoptou entre outros o acordo de aprobar definitivamente o estudio de detalle da D-SU-UA 2 A Carrasqueira (Coruxo), promovido pola entidade mercantil Aparcamientos Paseo Marítimo, S.L. e redactado pola arquitecta Míriam Arcas Ardura, visado polo COAG o 23 de xaneiro de 2002.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos/as propietarios/as afectados/as de domicilio descoñecido, respecto dos cales non se puidese practica-la notificación.

Vigo, 13 de setembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo