Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 11 de outubro de 2002, da Área de Explotación e Planificación, pola que se notifican as incoacións dos expedientes administrativos sancionadores 26/2002 e cinco máis, devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase

lles ós denunciados, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalarán a seguir, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, os acordos de iniciación dos expedientes administrativos sancionadores que se citan, por presunta infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co artigo 17 do Regulamento de servicio e policía dos portos aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Desígnase instructor do expediente a Jesús Javier Fernández Barro, xefe da unidade III da Área de Explotación e Planificación, con domicilio para estes efectos na praza de Europa, 5 A-6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de recusación o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (en diante LRXPAC).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poidan examina-los expedientes nos servicios centrais de Portos de Galicia; praza de Europa, 5ª-6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas coiden convenientes e, de se-lo caso, propoñer probas, concretando os medios de que intenten valerse, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

O órgano competente para a resolución do expediente por razón da tipificación e contía da sanción, de acordo co artigo 39 do Regulamento do ente público Portos de Galicia (Decreto 227/1995, do 20 de xullo-DOG nº 228, do 28 de novembro) e, en virtude do disposto na resolución da presidencia de Portos de Galicia, do 15 de febreiro do 2002, pola que, en aplicación do artigo 17.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se designa un técnico do ente público Portos de Galicia para o exercicio das competencias sancionadoras que ten o director, posto actualmente vacante, é a xefa da Área de Explotación e Planificación.

O pagamento voluntario ou o recoñecemento voluntario da responsabilidade en calquera momento anterior á resolución porán fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 0049-6755-64-2116034531 do Banco Santander-Central Hispano, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, este acordo será considerado proposta de resolución.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Planificación

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Porto-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

Sanc. 26/2002

PO-5640-AX

Celador do porto

José Carlos del Río Pérez

Rúa da Volta, 11

36202 Vigo (Pontevedra)

Estacionamento en zona portuaria debidamente sinalizada e valada.

4-3-2002; 9; Cangas

Art. 114.1º a) Lei 27/1992

Art. 17 O.M. 12-6-1976.

Art. 120 Lei 27/199290,15 euros

Sanc. 38/2002

PO-2643-AP

Celador do porto

Francisco Soliño Otero

Piñeiro, s/n (Aldán)

36945 Cangas (Pontevedra)

Estacionamento en zona portuaria debidamente sinalizada e valada.

6-3-2002; 8; Cangas

Art. 114.1º a) Lei 27/1992

Art. 17 O.M. 12-6-1976

Art. 120 Lei 27/199290,15 euros

Sanc. 40/2002

LU-9280-S

Celador do porto

María del Carmen Fernández Rego

R/ Manzanares, 110

15960 Ribeira (A Coruña)

Estacionamento en carril de circulación e con sinal prohibitivo vertical.

31-10-2001; 11.20; Ribeira

Art. 114.1º a) Lei 27/1992

Art. 17 O.M. 12-6-1976

Art. 120 Lei 27/1992180,30 euros

Sanc. 43/2002

C-1541-BZ

Celador do porto

Granja Marina de Barbanza, S.L.

A praia, s/n

Lg. de Seráns (San Pedro de Muro)

15994 Porto do Son (A Coruña)

Estacionamento en vía, zona prohibida con sinal vertical e bordo amarelo.

11-3-2002; 12.05; Ribeira

Art. 114.1º a) Lei 27/1992

Art. 17 O.M. 12-6-1976

Art. 120 Lei 27/1992180,30 euros

Sanc. 45/2002

C-3749-CJ

Celador do porto

Joftel, S.C.

R/ República Arxentina, 9

15701 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Estacionamento en vía, zona prohibida con sinal vertical e bordo amarelo.

11-3-2002; 12.20; Ribeira

Art. 114.1º a) Lei 27/1992

Art. 17 O.M. 12-6-1976

Art. 120 Lei 27/1992180,30 euros

Sanc. 46/2002

C-8903-CC

Celador do porto

Arsenia Casi Ferrer

R/ M. Rodríguez Bautista, 50-1º

15960 Ribeira (A Coruña)

Estacionamento sobre carril de circulación, con sinal prohibitivo vertical e bordo amarelo.

1-4-2002; 12.10; Ribeira

Art. 114.1º a) Lei 27/1992

Art. 17 O.M. 12-6-1976

Art. 120 Lei 27/199290,15 euros