Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, das obras que se citan. (Clave OH.315.488 e outra máis).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: depuradoras de augas residuais en Présaras (Vilasantar-A Coruña).

Número de expediente: OH.315.488.

Orzamento base de licitación. Importe total: cento trinta e catro mil douscentos sesenta e seis euros con seis céntimos (134.266,06).

Prazo de execución (meses): tres (3).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

División por lotes e número: non hai división.

b) Descrición do obxecto: rede de saneamento de Rececende de Arriba e Goios (A Pontenova-Lugo).

Número de expediente: OH.327.346.

Orzamento base de licitación. Importe total: cento setenta e cinco mil cincocentos trinta e sete euros con setenta e sete céntimos (175.537,77).

Prazo de execución (meses): tres (3).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

División por lotes e número: non hai división.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, en caso de non esixirse clasificación: acreditaranse polos medios establecidos no punto 9.1.1. Sobre A. Documentación persoal, letra f), do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo,

segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: admítese a presentación dunha variante para cada un dos contratos indicados no punto 2 deste anuncio, de acordo co indicado no punto 9.1.2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 26 de novembro de 2002.

e) Hora: 10 horas.

8. Outras informacións.

Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación, para cada un dos contratos indicados no punto 2 anterior.

Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (Documentación persoal) o día 19 de novembro de 2002, ás 10 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia