Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por concurso aberto con trámite de urxencia, para adquisición e instalación de elementos para clases prácticas de pneumática e electropneumática na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 2002/12/863.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elementos para clases prácticas de pneumática e electropneumática na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.

b) Número de unidades que se van entregar: segundo o prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non hai división por lotes.

d) Lugar de entrega: segundo a folla de especificacións.

e) Prazo de entrega: segundo o prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 39.066 euros.

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os indicados na folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación.

e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 11.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden obte-los pregos.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1955.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2002.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación

e Desenvolvemento Pesqueiro