Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do contrato de subministración que ten por obxecto a adquisición de tres (3) vehículos. (Expediente CX014).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: adquisición de tres (3) vehículos.

Lote nº 1: dous (2) vehículos tipo turismo.

Lote nº 2: un (1) vehículo tipo furgoneta.

b) Lugar de entrega: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas.

c) Prazo de entrega: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado.

Orzamento total: corenta mil douscentos trinta e dous euros (40.232 A), IVE incluído.

Lote nº 1 (dous vehículos tipo turismo): vinteseis mil euros (26.000 A), IVE incluído.

Lote nº 2 (un vehículo tipo furgoneta): catorce mil douscentos trinta e dous euros (14.232 A), IVE incluído.

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Garantía definitiva.

4% do importe da adxudicación.

7. Obtención da documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que terá que rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

* http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1960.

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ós modelos que se inclúen no correspondente prego de cláusulas

administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

10. Gastos do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo