Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. San Tomé de Piñeiro II-Cadrelo.
Situación: concello de Marín.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.598 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o C.T. existente de Pardavila ata o C.T. existente de Cadrelo, no concello de Marín.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 11 de setembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra