Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da modificación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica existente a 132 kV, denominada L.A.T. D/C subestación Mos a subestación Atios, pasándoa a 220 kV, nos termos municipais de Mos, Ponteareas e O Porriño, provincia de Pontevedra. (Expediente IN407A 01/258-4).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Travesía de Vigo 204, 26207 Vigo, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 6 de xullo de 2001, a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Modificación da tensión da liña existente de 132 kV, denominada L.A.T. D/C subestación Mos a subestación Atios, pasándoa a 220 kV, no tramo que vai desde o apoio nº 39 da citada liña, de 7.616 m de lonxitude, ata finalizar na subestación de Atios, aproveitando o conductor que é o LA-455 e os apoios existentes e, nos casos necesarios, cambiando as crucetas e suplementándoos para adaptalos á nova tensión. A instalación está situada nos concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública mediante Resolución do 16 de xullo de 2001, publicada no DOG do 27 de setembro, no BOP de Pontevedra do 12 de setembro, e na Delegación Provincial de Pontevedra.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, de se-lo caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la modificación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica existente a 132 kV, denominada L.A.T. D/C subestación Mos a subestación Atios, pasándoa a 220 kV, no tramo que vai desde o apoio nº 39 da citada liña ata a subestación de Atios, nos termos municipais de Mos, Ponteareas e O Porriño (Pontevedra).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas