Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/317-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 207, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. parcela nº 43-polígono industrial.

Situación: concello de Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 279 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o C.T. existente Polígono 2000 ata o C.T. que se proxecta na parcela nº 43, do polígono industrial, no concello de Lalín, de 630 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra