Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Política Ligüística, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, do contrato de subministración de material de promoción da campaña Entre nós, en galego para os centros educativos.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de subministración arriba indicado faise público:

1. Obxecto: subministración de material de promoción para a campaña Entre nós, en galego para os niveis de educación infantil, primaria e secundaria dos centros de ensino público e privado de Galicia.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso e trámite de urxencia.

3. Orzamento: 156.263 A, IVE incluído.

4. Garantía provisional: 3.125 A.

5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 7 e 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 13 horas do terceiro día natural seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de ofertas, en días e horas hábiles de oficina, no servicio de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 44 00.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1959

9.Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística