Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, para a contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo dependente desta consellería. (Expediente 5/2002 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 5/2002 SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo dependente desta consellería.

b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo.

c) Prazo de execución: desde o 1 de decembro de 2002 ata o 30 de novembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 95.558,76 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1953

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o cuarto día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria