Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.275

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 21 de outubro de 2002 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 13 de setembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 181, do 19 de setembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 13 de setembro de 2002 (DOG nº 181, do 19 de setembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 13 de setembro de 2002.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo

competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

-NRP: 3384171335 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Alcalde Varela, Alejandro.

Código do posto: FA.C99.10.000.27001.044.

Denominación: Servicio de Administración e Contratación.

Nivel: 28.

Dependencia: Delegación Provincial de Lugo.

Localidade: Lugo.

-NRP: 3330593813 A2051.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Casas Carreira, María Belén.

Código do posto: FA.C99.10.000.27001.111.

Denominación: Servicio de Xuventude.

Nivel: 28.

Dependencia: Delegación Provincial de Lugo.

Localidade: Lugo.