Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.273

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de outubro de 2002 pola que se anuncia procedemento para cambio de destinos e reingresos a resultas del por profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias para extinguir.

Vacantes os postos que se determinan no anexo I, da presente orde, procede ofrecérllas ós profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias, integrados no dito corpo por Real decreto 1467/1988, do 2 de decembro, e que se atopan prestando servicios en centros situados no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolve convocar concurso de traslados específico, para cubri-las prazas publicadas no anexo I para funcionarios docentes do corpo de profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias a extinguir, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Facer pública a relación de postos vacantes que se indican no anexo I desta orde, que poden ser cubertos polos profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias que reúnan os requisitos previstos nesta orde. Así mesmo, convócanse as vacantes que resulten da resolución do concurso de traslados.

Segunda.-Para os efectos de petición de centro utilizaranse os códigos publicados no anexo I.

Terceira.-Podrán participar en el presente concurso los funcionarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que estean en situación de servicio activo no corpo de profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias da la materia de educación física, integrados no dito corpo en virtude do previsto no Real decreto 1467/1988, do 2 de decembro (BOE do 8 de decembro).

Para os efectos previstos no punto 1 entenderase como data de finalización do curso académico a do 30 de setembro de 2003.

Cuarta.-Forma de participación.

Os concursantes presentarán unha única instancia, acompañada dunha fotocopia desta e unha folla de alegacións e autobaremación axustada ó modelo que se publica como anexo II á presente orde e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo III.

A instancia dirixirase á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá requirir do interesado, en calquera momento, a xustificación daqueles méritos alegados que non estean debidamente acreditados.

Quinta.-As instancias, orixinal e copia, así como a documentación á que se alude no punto anterior, poderanse presentar nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada. Os que efectúen a solicitude por Internet poderán presentala no instituto ou centro educativo no que presten servicios.

Sexta.-O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha solicitude.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias non se admitirá ningunha modificación ás peticións formuladas. Non obstante, admitiráselles renuncia a participar no concurso de traslados ós concursantes con carácter voluntario no prazo establecido para as reclamacións á lista provisional, na base novena, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións e especialidades consignadas na súa instancia de participación.

Sétima.-Os asinantes das instancias deberán manifestar nelas, de modo expreso, que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria, consignando os centros que soliciten por orde de preferencia, cos números de código e especialidade que figuran no anexo á presente orde.

Oitava.-Unha vez recibidas as instancias de participación e baremados os méritos alegados a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá á adxudicación dos destinos, expoñendo a resolución provisional, coas puntuacións asignadas a cada participante, nas súas delegacións provinciais.

No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse, atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos epígrafes do baremo conforme a orde na que aparecen no mesmo. Se persistise o empate atenderase á puntuación

obtida nos distintos subepígrafes pola orde, igualmente, que aparecen no baremo. En ambos casos, a puntuación que se tome en consideración en cada epígrafe non poderá exceder da puntuación máxima establecida para cada un deles no baremo, nin, no suposto dos subepígrafes, a que corresponda como máximo ó epígrafe no que se atopen incluídos. Cando ó aplicar estes criterios, algún ou algúns dos subepígrafes alcance a máxima puntuación outorgada ó epígrafe ó que pertence, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto de subepígrafes. De resultar necesario, empregaranse como criterios de desempate o ano no que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola que resultou seleccionado.

Novena.-Os concursantes poderán presentar reclamacións ás resolucións provisionais, a través do órgano no que presentaron a súa instancia de participación, no prazo de oito días a partir da súa exposición.

Así mesmo, no mesmo prazo, poderán presentar renuncia á súa participación no concurso. Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base quinta.

Décima.-Consideradas as reclamacións e renuncias ás que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Persoal procederá a dicta-la resolución definitiva deste concurso de traslados. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia. As prazas adxudicadas na dita resolución son irrenunciables, polo que os participantes deberán incorporarse a elas.

Contra a resolución definitiva, os interesados podrán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no DOG segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Décimo primeira.-Os postos incluídos no anexo I, non cubertos polos participantes no presente proceso, así como as resultas producidas pola obtención dos ditos postos serán provistas, con carácter provisional, polos profesores que estando na situación

de excedencia voluntaria, soliciten o reingreso ó servicio activo. O prazo para estas solicitudes é igualmente de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Para a avaliación das solicitudes de reingreso, teranse en conta os méritos que en tempo e forma aleguen e xustifiquen dos especificados no anexo III da presente orde.

Os que obteñan o reingreso, deberán participar na primeira convocatoria de provisión de postos que se realice, co fin de obter un destino definitivo.

Décimo segunda.-A toma de posesión dos novos destinos terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2003. Non obstante, os profesores que obtiveran destino nestes concursos deberán permanecer nos seus centros de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Código centro: 32015207C.

Centro: IES O Couto, Ourense.

Código disciplina: 014 (educación física).

ANEXO II

Instancia

Corpo de profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias (integrados por Real decreto 1467/1988, do 2 de decembro).

Disciplina: educación física.

Don

DNI

Domicilio

Localidade.............. Provincia.............. Teléfono

Centro destino curso 2002-2003

Efectúo a seguinte petición de centros, por orde de preferencia:

Santiago de Compostela, ... de novembro de 2002.

Asdo.:....

ANEXO III

Baremos de prioridades na adxudicación de destino ó corpo de profesores de institutos técnicos de ensinanzas medias (integrados por Real decreto 1467/1988, do 2 de decembro).

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

1. Servicios prestadosAta 2 puntosCertificado da delegación provincial correspondente.
Por cada ano de permanencia ininterrompida no centro desde o que solicita o cambio de posto de traballo0,30 puntos

2. AntigüidadeAta 4 puntosCertificado da delegación provincial correspondente.
Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de institutos técnicos de ensinanzas medias ou por cada ano completo de servicios efectivos prestados en situación de servicio activo como persoal vario0,20 puntos

3. Méritos académicos (titulacións)

3.1. Por cada título de doutor, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto

3.2. Por cada diploma universitario, certificado do primeiro ciclo, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou formación profesional de terceiro grao

Ata 4 puntos

2 puntos

1 punto

Copia cotexada do título ou certificación do aboamento de taxas para a expedición do título.

(1) Salvo que se especifique o contrario son fotocopias cotexadas.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE