Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.243

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 2002 pola que se lle autoriza a ampliación de tres unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Apóstol Santiago de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente presentado polo centro privado Apóstol Santiago de Vigo (Pontevedra), no que solicita a ampliación de tres unidades do segundo ciclo de educación infantil.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos informes correspondentes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Autorizarlle a ampliación de tres unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Apóstol Santiago de Vigo (Pontevedra), segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia nas unidades que se amplían.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: r/ Sanjurjo Badía, 77.

Denominación: centro privado Apóstol Santiago.

Titular: Compañía de Jesús.

Código do centro: 36010903.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 6.

Unidades novas autorizadas: 3.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 9 unidades.

b) Centro de educación primaria: 24 unidades.

c) Centro de educación secundaria:

16 unidades de educación secundaria obrigatoria.

10 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais, e tecnoloxía.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO