Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2002 Páx. 15.243

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de outubro de 2002 pola que se nomea secretaria do Comité Galego de Xustiza Deportiva a Teresa Álvarez Villaverde.

En virtude do establecido no artigo 9.2º do Decreto 198/1998, do 25 de xuño, polo que se constitúe

o Comité Galego de Xustiza Deportiva e se establece o procedemento de designación dos seus membros, estando vacante o posto de secretario do dito comité e logo de proposta do secretario xeral para o Deporte,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear secretaria do Comité Galego de Xustiza Deportiva a Teresa Álvarez Villaverde.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública