Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución do expediente sancionador OU 318/02 IN e cinco máis relacionados no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios

forestais, e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoo en calquera entidade bancaria.

Ourense, 26 de setembro de 2002.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

nº/ano

DenunciadoÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

euros

OU 318/02 INOrlando Sarabia Romero

DNI: 34922783

San Joaquín nº 16

28004 Madrid

Abandono vehículo

B-5939-AS

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 A

OU 283/02 INFernando Luis Ferreira Dos Santos

DNI: OR-005147

San Juan nº 29-2º esq.

Gernika Lumo

Biscaia

Abandono vehículo

OR-28934

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51A

OU 316/02 INMaría Concepción Gomes Pereira

DNI: 44488633

Praza Lexión nº 7

32002 Ourense

Abandono vehículo

Nº bastidor

VSS021A0009913816

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51A

OU 319/02 INFrancisco Mallo Díaz

DNI: 37387761

De la Muga nº 5, baixo 1º

08038 Barcelona

Abandono vehículo

Nº bastidor

VSX000093L4066849

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51A

OU 328/02 INRosa Gómez Salgado

DNI: 34907577

Quintián nº 1

32001 Ourense

Abandono vehículo

OR-017940

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51A

OU 336/02 INFrancisco de Sales Muradás Vázquez

DNI: 34915830

Estrada O Irixo nº 26-1º

32500 O Carballiño

Abandono vehículo

B-9841-EH

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51A