Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de setembro de 2002, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, do servicio de lavandería dos centros Complexo Hospitalario e Atención Primaria de Ourense.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 191, do 3 de outubro de 2002, cómpre face-la oportuna corrección:

No texto do anuncio, onde di: «Data límite de presentación: 15 días contados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo ampliarase ata o primeiro día hábil seguinte», debe dicir: «Data límite de presentación: 8 de novembro de 2002».