Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de construcción dun punto limpo en Láncara (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de construcción dun punto limpo en Láncara (Lugo).

2.2. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos vintecinco mil cento noventa e tres euros con trinta e cinco céntimos (225.193,35 A).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: 4.503,87 A.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 9.007,73 A.

7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría C.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1943.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas.

As 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio.

Pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2002.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente