Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-AD-2002/13 (animais domésticos-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 1/1993, do 23 de abril,

de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusala en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mencionada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achegar-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 3 de outubro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-AD-2002/13.

Denunciado: Isaac Fariña Sánchez.

Enderezo: r/ Ménendez Pelayo, nº 105-1º E de Madrid.

DNI: 35194432.

Feitos denunciados: que sobre as 18 horas do día 26 de xaneiro, tivo necesidade o guindastre municipal de retira-lo vehículo marca Lada, matrícula M-3457-KY por estar mal aparcado na rúa Joaquín Costa (Pontevedra) á altura da Comisaría de Policía con dous cans macho e femia, momento no que se presentou o seu propietario Isaac Sánchez Fariña con residencia en Madrid na rúa Menéndez Pelayo, nº 105-1º E, ó cal lle advertiron os axentes municipais que se facía efectivo o importe do enganche o deixaban facerse cargo do citado vehículo e animais, ó que se negou, manifestándolles ós axentes que levasen o coche e os cans para o depósito municipal e que se encargasen eles da manutención dos cans; do acontecido fomos avisados na asociación para o traslado dos cans á canceira municipal onde permanecen retidos e a pesar dos días transcorridos non solicitou ninguha información sobre o estado dos animais.

Data do acordo da incoación: 21-8-2002.

Precepto infrinxido: artigo 21 c) da Lei 1/1993, do 23 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 21 da Lei 1/1993, do 23 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros.