Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental dunha explotación porcina en Sandiás, promovido polo Bispado de Ourense.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 198, do 14 de outubro de 2002, cómpre publica-las correccións seguintes:

-Na páxina 14.680, no texto da resolución onde di: «... dunha explotación porcina en Ourense, promovido polo Bispado de Ourense», debe dicir: «...dunha explotación porcina en Sandiás, promovido polo Bispado de Ourense».

-Na páxina 14.680, no epígrafe primeiro, onde di: «Someter a información pública o estudio de impacto ambiental dunha explotación porcina en Ourense», debe dicir: «Someter a información pública o estudio de impacto ambiental dunha explotación porcina en Sandiás».

-Na páxina 14.680, no epígrafe segundo, parágrafo terceiro, onde di: «Concello de Ourense», debe dicir: «Concello de Sandiás».