Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 738/2002 e catro máis.

Ó non seren atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas

que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 738/2002.

Acta inf. nº 780/2002.

Empresa: Alberto Garrido Martínez.

NIF/DNI: 13064955-N.

Enderezo: Curros Enríquez, nº 29, esc. 2-1º D, O Graxal (Cambre).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.902,54 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita do 25-4-2002 á obra de construcción sita en Montrove (Oleiros), constatouse que o andamio no que traballaban a unha altura de 3 metros aproximadamente non tiña proteccións colectivas de ningún tipo e presentaba risco de derrubamento. Ademais, non tiñan á súa disposición cascos de seguridade, existindo risco de lesións na cabeza.

Vulnéranse os artigos 3 a) e 5 a), b), parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro; artigos 242, 206, 207 e 221 da O.M. do 28-8-1970; e artigos 3 e dos anexos I, III e IV o artigo 1 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, en relación co artigo 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Aprécianse dúas faltas, unha grave en grao mínimo, e outra leve en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 12.16º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 761/2002.

Acta inf. nº 789/2002.

Empresa: Aparcamientos Serviparga, S.L.

NIF/DNI: B-15681281.

Enderezo: Ronda de Outeiro, 246 (A Coruña).

Materia: traballo.

Proposta de sanción: 300,52 A.

Resumo da acta de infracción:

Requirida a empresa para presentar determinada documentación, non se presenta nin xustifica a ausencia. Revisado o contrato dun traballador obsérvase que se formulou por acumulación de tarefas, non especificando as que son.

Vulnéranse os artigos 3.2º do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, que desenvolve o artigo 15 do E.T.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 7.2º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 762/2002.

Acta inf. nº 790/2002.

Empresa: Aparcamientos Serviparga, S.L.

NIF/DNI: B-15681281.

Enderezo: Ronda de Outeiro, 246 (A Coruña).

Materia: obstrucción.

Proposta de sanción: 300,52 A.

Resumo da acta de infracción:

Con data do 22-4-2002 deixouse citación á empresa no centro de traballo sito na praza de Galicia (A Coruña), para que presentase determinada documentación laboral. Chegada a data sinalada, non se presentou nin xustificou a súa ausencia.

Vulnéranse os artigos 50.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 50.2º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 763/2002.

Acta inf. nº 894/2002.

Empresa: Lantone, S.C.

NIF/DNI: B-15486046.

Enderezo: Peirao Linares Rivas, 56 (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 A.

Resumo da acta de infracción:

En relación co accidente de traballo sufrido por un traballador da empresa de referencia, realizouse visita de inspección ó domicilio dela. Remitiuse citación á empresa para achegar documentación, comprobándose que non tiña elaborada a preceptiva avaliación inicial de riscos.

Vulnéranse os artigos 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro e artigos 3, 4, 5 e 6 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.1º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 764/2002.

Acta inf. nº 1061/2002.

Empresa: Milprom, S.L.

NIF/DNI: B-15581853.

Enderezo: Panaderas, 17 baixo (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.803,05 A.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción sita en r/ Ángel Rebollo, nº 63 (A Coruña), constatouse que a empresa non tiña presentado ante a autoridade laboral o preceptivo aviso previo ó inicio das obras; así mesmo, comprobouse que os planos de seguridade de dúas empresas que estaban a realizar traballos nela non foran aprobados polo coordinador de seguridade, nomeado pola empresa.

Vulnéranse os artigos 18 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro e artigos 7.2º e artigo 9 c) da mesma norma, respectivamente.

Cométense dúas faltas, unha leve en grao mínimo, e outra grave en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 11.5º e 12.13º e 39.3º e 40.2º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos existentes nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 2 de outubro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña