Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 725/2002.

Ó non seren atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 725/2002.

Acta inf. nº 672/2002.

Empresa: Cocoba, S.L.

NIF/DNI: B-15173016.

Enderezo: travesía Meicende, 63, Arteixo.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 A.

Resumo da acta de infracción:

Co obxecto de investiga-lo accidente sufrido por Manuel Vallo Sánchez, constatouse a utilización dun equipo de traballo sen as proteccións obrigatorias; ademais a empresa carecía da preceptiva avaliación de riscos e da correspondente planificación preventiva e de concertación do servicio de prevención.

Vulnéranse o artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e os artigos 3 e 4 do R.D. 1215/1997, en relación co seu anexo I -punto 8-.

Apréciase unha falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos existentes no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificante da notificación.

A Coruña, 1 de outubro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña