Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle á interesada que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por ela mesma, Engracia Ferreiro Otero, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña).

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 12-9-2002)

Miguel Cabrero Poveda

Subdirector xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinataria: Engracia Ferreiro Otero.

Domicilio: Sabugueira-Santiago de Compostela, 15820 (A Coruña).

Texto: «Desestima-lo recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña), interpuxo Engracia Ferreiro Otero, propietaria número 1236».

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xuris

dicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».