Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador AG-SA-59/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada polo instructor no expediente que por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos e que se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio Xurídico, sito na r/ Benito Corbal nº 47-4ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 16 de setembro de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-59/2002-PO.

Denunciado: José Manuel Villamar Guitar.

Feito denunciado: venda ambulante de gando porcino, falta de guía de orixe e sanidade pecuaria, de libro-rexistro de movementos e compravenda de gando, e carecer dos certificados de inscrición e desinfección do vehículo.

Data do acordo de incoación: 13-5-2002.

Alegacións á incoación: non presentou.

Preceptos infrinxidos: artigo 9.2º do R.D. 791/1979, artigos 52.4º e 52.2º do Decreto 4-2-1955, artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995 e o artigo 212 do citado Decreto do 4-2-1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias e artigo 212 do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Sanción: de 1.623,71 euros.