Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña), devolta polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Jesús García Pazos, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-O Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

P.D. (Resolución 12-9-2002)

Miguel Cabrero Poveda

Subdirector xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Jesús María Mirás Mariño

Domicilio: O Pontillón-Sabugueira, 15820 Santiago de Compostela (A Coruña).

Texto: «Estimar en parte o recurso de alzada, interposto por Jesús García Pazos (prop. nº 335), contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-San Xulián do Carballal, no sentido de:

Amplia-lo perímetro do predio nº 1567 do polígono 7, de Jesús García Pazos (prop. nº 335), pasando a dispoñer dunha superficie de 1-15-20 hectáreas e un valor de 862.350 puntos, séndolle descontado o valor equivalente en puntos ó destinar á terra sobrante (prop. nº 2000) unha franxa terreo polo extremo oeste do seu predio nº 1672, en concreto a designada co subíndice 1 (nº 1672-1), cunha superficie de 13-85 áreas e un valor de 136.925 puntos (con 8-20 áreas de PR-1, 0-20 de PR-2, 2-00 de L-1, 1-45 de L-2 e 2-00 de M-3), quedando a parte restante (nº 1672-2) cunha superficie de 60-60 áreas e un valor de 685.000 puntos. Como consecuencia do anterior, resultan afectados os seguintes propietarios:

-Jesús María José Miras Mariño (prop. nº 504), ó que se lle modifica a configuración do seu predio nº 1568 do polígono 7, pasando a dispoñer dunha

superficie de 29-95 áreas e un valor de 195.425 puntos.

-Enrique José Mouriño Uzal (prop. nº 1115), ó que se lle despraza cara ó leste a localización do seu predio nº 1569 do polígono 7 e pasa a dispoñer dunha superficie de 30-65 áreas e un valor de 210.925 puntos.

-Antonio Tarrío García (prop. nº 884), ó que se lle modifica o emprazamento do seu predio nº 1570 do polígono 7, pasando a dispoñer dunha superficie de 20-20 áreas e un valor de 142.700 puntos.

-Manuel José Uzal Salvado (prop. nº 875), ó que se lle detrae unha franxa de terreo polo extremo norte do seu predio nº 1650 do polígono 7, co que pasa a dispoñer dunha superficie de 23-40 áreas e un valor de 170.300 puntos, compensándoselle esta perda de puntuación con parte da terra sobrante nº 1706 do polígono 7, é dicir, cunha superficie de 25-95 áreas e un valor de 155.700 puntos. A parte restante de terra sobrante nº 1706 do polígono 7 inclúese no perímetro do predio-colindante polo seu extremo oeste-nº 1705 do polígono 7 da relación de propietarios descoñecidos (prop. nº 1400), que pasa a dispoñer dunha superficie de 32-05 áreas e un valor de 141.825 puntos (con 6-40 áreas de PR-4, 13-65 de M-2 e 12-00 de M-3)».

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que consideren pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.