Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 23 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/276).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq., A Coruña.

Denominación: interconexión Cumiáns-As Nocellas (1ª fase).

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 116 m de lonxitude, con orixe no apoio de paso aerosubterráneo Lado Cumiáns antigo e final en C.T. Cumiáns novo, que se vai instalar. Centro de transformación, Cumiáns, prefabricado de formigón, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo, con conductor R.V. 0,6/1 kV, de 2 circuítos e 238 m seguido de tramo aéreo sobre apoios de formigón e conductor R.Z., en 2 circuítos, de 129 m que se conecta á rede existente. A Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Mone

los, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña