Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 23 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/280).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq., A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. As Nocellas.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 22 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 7 da liña Cumiáns-As Nocellas e final no C.T. As Nocellas, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV nas Nocellas, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 407 m que se conecta á rede existente. A Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña