Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor
mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Cía. de Electrificación, S.L.
Domicilio social: Doutor Carus, 7-1º, 36600 Vilagarcía de Arousa.
Denominación: C.T. A Ponte.
Situación: concello da Illa de Arousa.
Descricións técnicas: C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, na Ponte, no concello da Illa de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 19 de setembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra