Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/251-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Cía. de Electrificación, S.L.

Domicilio social: Doutor Carus, 7-1º, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: L.M.T. e C.T. Vado.

Situación: concello da Illa de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 12/20 kV, de 860 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde a L.M.T. ó C.T. Castriño ata o C.T. que se proxecta denominado Vado, de 250 kVA, R.T. 12/20 kV-380/220 V, no concello da Illa de Arousa, e rematando no C.T. A Ponte.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra