Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 30 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, polo que se somete a información pública o proxecto sectorial do parque empresarial de Mondoñedo.

En cumprimento do disposto nos artigos 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública o proxecto sectorial do parque empresarial de Mondoñedo (Lugo) polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste

anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo sitas nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano, en Santiago de Compostela, e presentar ante esta consellería as alegacións, os documentos e as xustificacións que estime pertinentes.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo