Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.196

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Frigodis, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Frigodis, S.A., con nº de código 3602652, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23 de agosto de 2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 23 de xullo de 2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de setembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Frigodis, S.A.

Capítulo I

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo establece as bases para as relacións laborais, entre a empresa Frigodis, S.A. e os seus traballadores adscritos ós centros de traballo da provincia de Pontevedra, actuais e futuros.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo comprende todo o persoal do cadro de persoal nas súas distintas categorías profesionais existente no momento da sinatura, nos centros de traballo aludidos no artigo anterior, así como os que posteriormente se incorporen

ós respectivos cadros de persoal. Exclúense os traballadores adscritos á rede de vendas.

Os traballadores fixos-descontinuos da descarga de buques rexeranse polo disposto no artigo 28º deste convenio colectivo.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2002 e cun período de vixencia ata o 31 de decembro do mesmo ano, e denunciarase por escrito polo menos cun mes de anticipación á data do seu vencemento; en caso contrario prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

Artigo 4º.-Determinación das partes que o concertan.

As partes asinantes deste convenio son, pola parte empresarial, Fernando Merino Carrera, Fernando Ilarri Junquera, Rafael Barreras Morán e Susana San Segundo Fernández, e pola parte social, os membros do comité de empresa abaixo asinantes.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas de que viña desfrutando o persoal, incorporadas no seu contrato individual.

O conxunto das condicións pactadas neste convenio absorberá e compensará aquelas melloras que puidesen establece-las disposicións legais vixentes en cada momento.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas e son as que figuran nas táboas salariais anexas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio crearase unha comisión paritaria composta por:

-Parte social: o presidente do comité de empresa, secretario do comité de empresa e un representante de cada un dos sindicatos.

-Parte empresarial: cinco membros designados pola empresa.

En caso de existiren discrepancias entre as partes e non lograr chegarse a un acordo, someteranse á xurisdicción laboral competente.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, consideraranse globalmente en cómputo anual.

No suposto de a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, non aprobar ou de modificar algunha das súas cláusulas, as partes reuniranse para revisa-lo convenio.

No non previsto neste convenio será de aplicación o disposto no Estatuto dos traballadores.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 8º.-Principios xerais.

A organización práctica do traballo, respectando a lexislación vixente en cada momento, é facultade da dirección da empresa e por delegación dos seus mandos ou representantes legais.

Todo isto sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais atribúan ós representantes dos traballadores, comité de empresa e seccións sindicais, se for o caso.

É política común dos traballadores e da dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.

A empresa manterá e fomentará a formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicarase ó comité de empresa o plan de formación.

Artigo 9º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio da empresa, incluído no ámbito de aplicación deste convenio, queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais:

I. Persoal técnico.

II. Persoal administrativo.

III. Persoal obreiro e actividades auxiliares.

Artigo 10º.-Definición de grupos profesionais.

I. Técnicos: clasifícanse neste grupo aqueles que realizan traballos que esixan, con titulación ou sen ela, unha competencia ou práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O dito grupo, pola súa vez, clasifícase nos seguintes subgrupos:

1. Técnicos con título superior.

2. Técnicos con título non superior.

3. Técnicos non titulados.

II. Administrativos: neste concepto quedan comprendidos aqueles que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior.

III. Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo o persoal que execute fundamentalmente traballo de índole material ou mecánico e engloba o persoal de reparto, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno.

Artigo 11º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 12º.-Contratos en prácticas e de aprendizaxe.

A empresa poderá contratar traballadores en prácticas e aprendices, conforme as disposicións legais vixentes.

No caso dos aprendices, a súa retribución será non inferior ó 90 e 100% do salario base durante, respectivamente, o primeiro e segundo ano de vixencia do contrato.

Artigo 13º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, ós traballadores que no momento de se inicia-la selección conten con contratos por tempo indefinido a tempo parcial.

A dirección da empresa está obrigada a informa-lo comité de empresa das vacantes producidas e dos postos de nova creación.

Non se entenderá como posto de nova creación as contratacións temporais que teñen unha duración prevista inferior a un ano, sen prexuízo da entrega da copia básica do contrato, tal como dispón o artigo 8.3º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 14º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisorio durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se realice, conforme a seguinte escala:

Técnicos titulados: seis meses.

Titulados grad. sup., contr. prácticas: dous meses.

Titulados grad. med., contr. prácticas: un mes.

Contratos de aprendizaxe: un mes.

Resto do persoal: un mes.

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador como a empresa poderán desistir da proba ou proceder á rescisión do contrato, sen aviso previo nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período cando o traballador desempeñase as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador terá, durante o período de proba, a retribución que corresponda á categoría profesional do traballo no que se clasificase. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasará a depender da empresa coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 15º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal con capacidade física ou intelectual diminuída pola idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación, en destinos adecuados ás súas condicións reais no caso de existiren estes postos. Igual

criterio se seguirá con aqueles que se atopen na situación de invalidez parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 16º.-Postos ou áreas de traballo.

Enténdese por postos ou áreas de traballo o conxunto de funcións, deberes, atribucións e responsabilidades, asignadas a un ou máis traballadores. Os postos de traballo forman a unidade básica organizativa de cada centro de traballo. Cada posto clasificarase no grupo profesional que proceda.

Artigo 17º.-Execución do traballo.

Cada traballador deberá desempeñar basicamente as funcións propias do seu posto de traballo.

Non obstante, se as ditas funcións non ocupasen plenamente a súa xornada laboral, os traballadores realizarán os traballos que se lle asignen, sempre de acordo coa súa experiencia, formación e clasificación profesional.

É deber básico do traballador cumprir coas obrigacións completas do seu traballo, de conformidade coas regras de boa fe e dilixencia, así como observa-las medidas de seguranza e hixiene e os procedementos de calidade que se adopten.

Artigo 18º.-Mobilidade funcional.

Regularase polo disposto no artigo 39 do Estatuto dos traballadores.

Cando se produzan cambios de centro de traballo dentro de Frigodis, S.A. e iso significase para o traballador un incremento de gastos, debidamente acreditado, a empresa compensarao por isto. Igual criterio se seguirá cando se produza unha modificación de horario, salvo que estivese previsto ou pactado no contrato individual, exceptuando os supostos nos que o traballador permanecese no dito horario por máis de tres anos.

A decisión por parte da empresa de cambio de centro de traballo será avisada con quince días de anticipación.

Artigo 19º.-Incorporación a outras empresas do grupo.

Os traballadores da empresa Frigodis, S.A. poderán ser destinados a outras empresas do mesmo grupo de empresas cando existan razóns organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respecten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de domicilio.

A decisión de incorporación á nova empresa comunicarase ós afectados e ó comité de empresa cunha anticipación de 30 días naturais, salvo acordo noutro sentido.

Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse ó cadro de persoal da empresa do seu novo destino conservando a súa categoría profesional, antigüidade e salario anual, a excepción dos complementos vinculados ó posto de traballo.

Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos, debidamente acreditado, a empresa compensarao por isto.

Artigo 20º.-Excedencias.

Terá dereito á situación de excedencia todo o persoal afectado polo presente convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores.

Capítulo III

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 21º.-Xornada anual e horario.

A xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

Dentro da xornada ordinaria de traballo, a dirección da empresa poderá dispoñer de ata un máximo de 80 horas anuais, que poderá utilizar tanto para atender emerxencias, ou períodos punta, prazos de entrega con marxes moi estrictas o incumprimento dos cales poida implica-la perda do pedido ou do cliente, etc. Polo que se refire á súa compensación, o traballador afectado poderá optar entre que as horas de exceso se lle compensen con tempo de descanso, dentro do mes natural de realización das ditas horas, ou que se lle aboen como horas extraordinarias.

En calquera caso, a utilización das horas de dispoñibilidade a que se fai referencia no parágrafo anterior, non poderá implicar ningún incremento na xornada anual pactada.

O aumento das horas, como consecuencia da utilización das horas de dispoñibilidade mencionadas, poderá afectar á totalidade da empresa, seccións dela, ou traballadores individualmente.

Para que sexa de obrigado cumprimento a orde dada para atende-lo anteriormente citado, será suficiente e necesario, salvo acordo noutro sentido, que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Aviso previo de 72 horas ós afectados, dando traslado da orde ós representantes dos traballadores.

b) A dispoñibilidade horaria efectuarase incrementando ata en dúas horas a xornada diaria habitual. Estas horas compensaranse en tempo libre dentro do mes natural seguinte ó da súa realización.

Se por modificacións horarias derivadas da posta en práctica desta facultade orixinasen algún gasto extra en materia de transporte ós traballadores afectados, a empresa compensaraos por isto.

Mediante contrato individual e de mutuo acordo, poderase pactar unha distribución irregular da xornada, respectando o máximo anual de 1.749 horas e a normativa sobre descansos contida no Estatuto dos traballadores. Igualmente se poderá pacta-la rea

lización de xornadas inferiores a 1.749 horas anuais, coa retribución proporcional equivalente.

A xornada anual desenvolverase nos horarios seguintes:

-Centros e Chapela e Vigo:

De 8 a 16 horas.

De 8 a 13 e de 14 a 17 horas.

De 10 a 18 horas.

De 6.45 a 14.45 horas.

Todos eles de luns a venres.

-Sala de máquinas (quendas continuas):

De 7 a 14 horas.

De 14 a 22 horas.

De 22 a 7 horas.

-Oficinas primeira quenda:

De 8 a 15 horas, de luns a venres, e de 8 a 13 os sábados.

-Oficinas segunda quenda:

De 8 a 13.30 e de 14.15 a 16.45 horas, de luns a venres.

A xornada intensiva de verán para o persoal de oficinas estenderase desde o 15 de xuño ó 15 de setembro para o ano 2002 cun horario de 8 a 14.30 h. Estableceranse as quendas pertinentes para cubri-las necesidades do servicio fóra do horario fixado.

O horario de traballo, como consecuencia das necesidades do servicio, adaptarase de acordo cos cambios organizativos de cada momento. Previamente a isto, informarase o comité e comunicaránselle as razóns xustificativas.

A comunicación individual destes cambios efectuarase con 30 días de anticipación, salvo pacto noutro sentido.

Os traballadores retribuídos polo sistema de tarefa non se rexerán por este réxime xeral de xornada.

Nas cámaras que teñan que estar a -18º C ou inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3º C, a permanencia no interior será de 6 horas.

Cada 45 minutos de traballo ininterrompido no interior das cámaras, ou entrando ou saíndo continuadamente (carretilleiros), concederáselles un descanso de recuperación de 15 minutos.

Completarán a xornada normal en traballos que se realicen no exterior das cámaras.

-Axencia de viaxes:

Horario de inverno: de 8 a 13 e de 14.45 a 18, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14.30, de luns a venres. Estableceranse as quendas pertinentes para atende-las necesidades do servicio durante este período, sempre e cando for imprescincible por razóns orga-

nizativas, técnicas ou productivas. No suposto de que os traballadores adscritos á axencia de viaxes chegasen a realizar xornada partida, as horas de exceso sobre a xornada de verán compensaránselles con horas de descanso equivalentes.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

É firme vontade de ámbalas partes a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

Para o suposto de que for necesaria a súa realización, retribuiranse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%.

Non se terán en conta, para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para prever ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes ou por causa de forza maior, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencias nas quendas de traballo provocadas por licencias retribuídas, ou IT.

-Ausencia imprevista do substituto no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias.

-Peches de exercicio contable e confección de orzamentos.

-Períodos punta de reparto.

Artigo 23º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá trinta días naturais de vacacións, aboándose estas coa retribución do salario da táboa anexa máis antigüidade e complemento persoal.

No ano de comezo da relación laboral, o persoal de novo ingreso desfrutará dentro do mesmo da parte proporcional que corresponda segundo o número de meses traballados durante o ano, computándose para estes efectos a fracción de mes como mes completo.

As vacacións colleranse de acordo coas datas solicitadas polo traballador, adaptándose ás necesidades do servicio. En cada servicio se confeccionará un plan de vacacións.

Cando por falta de acordo entre os traballadores sexa necesario establecer unha orde, esta determinarase por sorteo; ó ano seguinte os desfavorecidos no sorteo terán prioridade.

As vacacións non comezarán en día festivo ou véspera, salvo petición do interesado.

Se durante o desfrute das vacacións, o traballador xustificase ter sufrido internamento clínico, non se computarán para efectos de vacacións os días que durase o dito internamento.

Neste suposto, os días de vacacións pendentes, disfrutaranse cando as necesidades do servicio o permitan.

Anualmente elaborarase un calendario laboral que comprenderá o período de vacacións.

A dirección da empresa deberá facer público con 2 meses de anticipación ó comezo das vacacións o plan anual de vacacións.

Se por causas extraordinarias a empresa modificase unilateralmente as vacacións dun traballador, este será compensado cunha gratificación de 120,20 euros.

Artigo 24º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: 15 días naturais.

b) Parto da esposa: 3 días naturais.

c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, fillos: 5 días naturais, pais políticos: 3 días naturais (deben presentar certificado médico) sempre que persista o internamento ou a enfermidade.

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns: 3 días retribuídos e 2 sen retribuír; si residen na provincia de Pontevedra, 4 días retribuídos e 1 sen retribuír, si é no resto de Galicia e 5 días retribuídos no resto de España.

e) Falecemento de avós, netos e pais políticos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días; tíos e tíos políticos: 1 día.

g) Por intervención cirúrxica, sen internamento ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos: 1 día.

h) Por cambio de domicilio: 1 día.

i) Cando teña que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, con xustificante médico: 1 día.

j) Nacemento de neto: 2 días.

Nos casos en que se teña que acompaña-lo cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago de Compostela por enfermidade. 1 día, a Madrid ou outras cidades fóra da rexión: 3 días, e cando esta saída fose a Madrid a consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose, en todo caso, con certificado médico.

Consulta médica: 3 horas, e se esta consulta médica se realiza en Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salvaterra, Salceda, Domaio ou Cangas, o tempo total da consulta, así como o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados. Igual criterio se seguirá con respecto ó persoal destinado no Porriño que teña de desprazarse a Vigo.

Concédenselle os mesmos dereitos á compañeira/o que á esposa/o.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse días naturais.

Capítulo IV

Réxime económico

Artigo 25º.-Crecemento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 2002 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa ó convenio, na que se inclúen tódolos conceptos salariais, complementos e demais e que supuxo un incremento do 4%.

Artigo 26º.-Principios xerais sobre retribución.

Tódolos conceptos salariais que figuran no presente convenio teñen a consideración de retribucións brutas e sobre elas efectuaranse as correspondentes deduccións por Seguridade Social, IRPF e calquera outra que puidese corresponder por aplicación legal.

Artigo 27º.-Conceptos retributivos.

-Salario base.

-Complemento convenio.

-Complemento de asistencia.

-Complemento de distancia.

-Complemento de noite.

-Antigüidade.

-Complemento de traballos penosos, insalubres, -perigosos.

-Bolsa de vacacións.

-Axudas de custo.

-Pagas extraordinarias.

* Salario base.

Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio ou no contrato e figura na táboa salarial.

Complementos salariais:

* Complemento convenio.

Salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial.

* Complemento de asistencia.

Está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial.

* Complemento de distancia.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá, en concepto de complemento de distancia, a cantidade que figura na táboa anexa.

* Complemento de traballos penosos, insalubres e perigosos.

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima polos ditos traballos, seguiráselle recoñecendo este

dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Os ditos traballos aboaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

Os demais traballadores que eventualmente teñan que realizar traballos desta natureza, percibirán un complemento do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións.

O persoal que traballe no interior das cámaras frigoríficas cobrará un complemento equivalente ó 25% do salario base.

O persoal que realice o seu traballo a temperaturas entre 0 e 10º C, cobrará un complemento equivalente ó 10% do salario base.

* Complemento de noite.

Regularase de acordo co artigo 36 do Estatuto dos traballadores. Canto á súa retribución, será un complemento do 25% do salario base.

* Bolsa de vacacións.

Recoñécese a todo o persoal afectado polo convenio unha bolsa de vacacións de 984,45 euros, que se fará efectiva coa paga de xullo.

Ó persoal que ingresase no transcurso do ano ou que cesase durante el aboaráselle a bolsa de vacacións rateando o seu importe por doceavas partes, en relación co tempo traballado no ano, igual que ocorre co dereito ás vacacións.

* Axudas de custo.

A empresa aboará a cada un dos traballadores procedentes de Sofitransa que viñan desfrutando de axuda de comida, a cantidade de 4,22 euros por día efectivo de traballo, sempre que non perciban axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custos de comida de 12,50 euros, que comprende 9,25 euros, en concepto de axuda de comida e 3,25 euros como compensación por gastos de transporte urbano.

* Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará de catro pagas extraordinarias, aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, complemento convenio, complemento de distancia, complemento de traballos especiais e complemento de traballos penosos, máis antigüidade, como se vén facendo ata a data. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro aboaranse por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano farase efectiva o día 31 de decembro, abonándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirá devengándose de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

O persoal procedente de Sofitransa que teña a categoría de maquinista ou acceda a ela (como garantía ad personam) percibirá coa nómina do mes de marzo unha paga de 634,13 euros.

Para o persoal procedente de Sofitransa, o importe das pagas extraordinarias comprenderá, exclusivamente, o salario base maila a antigüidade, así como o incremento lineal pactado neste convenio.

* Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, cunha antigüidade anterior a 1985, desfrutarán de bienios ó 5% do salario mínimo interprofesional, ata o máximo de 18 bienios, segundo o cálculo seguinte:

a) Bienios cumpridos ata o 1-1-1985, calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 226,64 euros.

b) Bienios que se cumpran a partir do 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumpri-lo dito bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nas alíneas a) e b) configurará o importe da antigüidade adquirida.

Todo o persoal con antigüidade na empresa posterior ó 1-1-1985 terá trienios ó 5%.

A antigüidade computarase desde o 1 de xaneiro do ano en que se cumpra.

Os traballadores afectados por este convenio procedentes de Sofitransa desfrutarán de aumentos por anos de servicio, como premio á súa vinculación á empresa. A aplicación desta norma regularase da maneira seguinte:

-Primeiro trienio ó 10%.

-Restantes ó 5% ata un máximo de 75%.

O importe de cada trienio calcularase tomando como base a táboa de cálculo de antigüidade anexa, a cal se incrementará cada ano no mesmo índice de incremento do IPC.

Os aumentos por anos de servicios comezarán a devengarse a partir do primeiro día do mes en que se cumpre cada trienio.

A antigüidade calcularase como salario para tódolos efectos.

Capítulo V

Regulación dos traballadores fixos-descontinuos

Artigo 28º.-Traballadores fixos-descontinuos.

Os traballadores empregados directamente pola empresa na descarga de buques de productos conxelados nos peiraos adscritos á concesión administrativa de Pescanova, S.A. sita en Chapela, que se realice por conta de empresas do grupo Pescanova, que teñen na actualidade a condición de traballadores fixos de carácter descontinuo, para os efectos do artigo 12 do Estatuto dos traballadores, serán chamados ó traballo sempre que se produzan as operacións de carga/descarga dos referidos buques.

Cando o cadro de persoal de traballadores fixos-descontinuos de Frigodis, S.A. non fose suficiente para efectua-la descarga dalgún buque no tempo estipulado, poderá acudirse á contratación temporal (eventual ou para obra determinada), ben de forma directa ou a través dunha ETT ou á subcontratación do servicio.

Acórdase a utilización dun criterio de flexibilidade na realización de horas complementarias, atendendo ás necesidades do servicio e en concreto á non conxestión de atracada ou espera dos buques.

Ademais da retribución das horas nos valores establecidos, por cada seis horas complementarias traballadas asignarase como equivalente a un día de presencia, para efectos de cotización na Seguridade Social.

A dirección da empresa Frigodis, S.A. tamén chamará estes traballadores fixos-descontinuos para a descarga de contedores que se realice no centro de traballo de Chapela, sempre que tales operacións sexan efectuadas de forma directa por Frigodis, S.A.

A retribución dos traballadores fixos-descontinuos será a seguinte:

Salario día: 41,01 euros.

Prima de rendemento: 13,75 euros.

Horas complementarias: 7,08 euros/hora.

Os traballadores fixos-descontinuos percibirán a cantidade de 4,38 euros/día, en concepto de axuda de comida, incompatible con calquera outra axuda por este concepto e nos días de traballo efectivo da descarga de buques ou de contedores.

A prima de rendemento percibirase sempre que se acaden os rendementos fixados pola dirección da empresa, que son coñecidos polos traballadores. Estes rendementos só se modificarán cando se produzan as causas e segundo o procedemento previsto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

Na descarga de contedores, e mentres as circunstancias técnicas e organizativas dela non permitan o establecemento de prima de rendemento, establécese un complemento de posto de traballo de 7,42º

euros por día traballado, en substitución da referida prima de rendemento.

Ademais dos conceptos retributivos expostos, o complemento especial dos postos de traballo de amanteiro de bordo, puntaleiro e basculeiro (da descarga de barcos), será de 7,79 euros.

A retribución diaria (salario fixo máis complementos) inclúe a parte proporcional de descansos, vacacións, pagas extraordinarias e bolsa de vacacións.

O horario habitual de traballo será de 7 a 15 h.

Cando así o esixiran as características do buque ou fora necesario para finaliza-la descarga do buque dentro do tempo estipulado, a dirección da empresa poderá organiza-lo traballo en quendas rotativas.

Antigüidade: con efectos desde a entrada en vigor deste convenio recoñéceselles ós traballadores fixos-descontinuos o dereito a percibi-lo complemento por antigüidade. O cómputo da antigüidade farase proporcionalmente ós días efectivamente traballados (cada día traballado equivale a 8 horas, que se multiplicarán polos días de traballo e se dividirán por 1.749 horas/ano; o que dá un número de anos teóricos para efectos de antigüidade).

Ademais da regulación específica prevista neste artigo, ós traballadores fixos-descontinuos seralles de directa aplicación o disposto para as licencias (artigo 24º), a idade de xubilación (artigo 29º), seguro (artigo 30º), complemento IT (artigo 31º), tenda de peixe (artigo 32º), organización do traballo (capítulo II), seguranza e saúde laboral (capítulo VII), dereitos sindicais (capítulo VIII) e infraccións e sancións (capítulo IX).

Os dereitos que corresponden por aplicación do artigo 24º (licencias) e do artigo 31º (complemento IT), serán só durante os días efectivos de descarga e mentres dure esta.

Capítulo VI

Beneficios sociais

Artigo 29º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación con carácter obrigatorio ós 65 anos de idade para todo o persoal da empresa, sempre que reúna os requisitos necesarios para ter dereito á pensión de xubilación do sistema de Seguridade Social española.

Ó producirse a xubilación conforme o disposto no parágrafo anterior, recoñeceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala.

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: tres mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: dúas mensualidades.

c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificarase con quince días máis por ano de anticipación.

Artigo 30º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa, mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantirá ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1. Por accidente non laboral.

1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de cincuenta e dous mil cincocentos noventa e un euros con oito céntimos (52.591,08 euros).

1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de, para os primeiros casos,cincuenta e dous mil cincocentos noventa e un euros con oito céntimos (52.591,08 euros), cento cinco mil cento oitenta e dous euros con quince céntimos (105.182,15 euros), para os segundos, e doucentos dez mil trescentos sesenta e catro euros con trinta e dous céntimos (210.364,32 euros) para os terceiros.

2. Por accidente laboral.

2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de cincuenta e dous mil cincocentos noventa e un euros con oito céntimos (52.591,08 euros).

2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de cincuenta e dous mil cincocentos noventa e un euros con oito céntimos (52.591,08 euros) para os primeiros casos, cento cinco mil cento oitenta e dous euros con quince céntimos (105.182,15 euros) para os segundos, e doucentos dez mil trescentos sesenta e catro euros con trinta e dous céntimos (210.364,32 euros)para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta, a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez, a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra

persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros, a copia oficial da cal se entregará ó comité de empresa.

Artigo 31º.-Complemento IT.

Cando o persoal da empresa sufra un accidente de traballo, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

Para o suposto de incapacidade como consecuencia de enfermidade, a empresa aboará o 100% condicionado a que no mes anterior á súa baixa o absentismo da empresa non supere o 5% do total de traballadores, non téndose en conta as horas que utilicen os cargos sindicais para o desempeño das súas funcións para efectos do referido cálculo, continuando o resto do persoal da empresa percibíndoo como ata a data.

Artigo 32º.-Tenda de peixe.

Todo o persoal pertencente ó cadro de persoal de Frigodis, S.A., ou pensionistas dela, terá dereito á adquisición de productos comercializados por Pescanova na tenda establecida para o efecto, nas condicións de pagamento seguintes:

a) Pagamento crédito.

1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A., cun desconto do 5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A. cun desconto de 0,12 euros/kg.

3. Peixe enteiro/filetes/graneis: prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

b) Pagamento contado.

1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A., cun desconto do 7,5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A., cun desconto de 0,18 euros/kg.

3. Peixe enteiro/filete/graneis: prezo de tarifa oficial de Pescanova, S.A., cun desconto de 0,02 euros/kg.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

Cando a empresa faga unha promoción dos seus productos nas grandes áreas de alimentación da zona, esta farase igualmente na tenda da factoría.

Dentro de cada mes natural, cada empregado ten un tope de compras equivalente a unha mensualidade do seu salario (a crédito ou ó contado).

Capítulo VII

Seguranza e saúde laboral

Artigo 33º.-Principio xeral.

As partes asinantes do presente convenio comprométense a adopta-las medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas.

Artigo 34º.-Recoñecementos médicos.

Realizarase un recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que será efectuado polo servicio médico de empresa ou por unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Anualmente, e en todo caso sempre que así proceda, efectuarase un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

A empresa, a través do seu servicio médico ou por entidades especializadas, poderá comproba-lo estado de saúde dos traballadores en situación de IT, respectando en todo caso o dereito á intimidade persoal.

Artigo 35º.-Roupa e medios de protección persoal.

A empresa proporcionará ós traballadores os medios e roupa de protección persoal que resultan esixibles para cada situación de risco.

Artigo 36º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiarios adecuados ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais de traballo e do estudio tecnico-sanitario do mesmo, oído o comité de seguridade e hixiene da empresa. O vestiario renovarase cando for necesario.

Capítulo VIII

Dereitos sindicais

Artigo 37º.-Garantías sindicais.

A empresa garantirá o correcto exercicio de tódolos dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos traballadores, texto refundido (Real decreto lei 1/1995, do 24 de marzo).

Non se contabilizarán no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores trimestralmente, precedendo aviso e negociación coa empresa.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Capítulo IX

Infraccións e sancións

Artigo 38º.-Facultade disciplinaria.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos

laborais, de acordo coa graduación de faltas e sancións establecidas no presente capítulo.

Artigo 39º.-Graduación de faltas.

As faltas cometidas polo traballador serán cualificadas, segundo a súa importancia, transcendencia e intención, en leves, graves e moi graves.

Artigo 40º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves as accións ou omisións seguintes:

a) Ata tres faltas de puntualidade en trinta días, na asistencia ó traballo, con atraso superior a dez minutos e inferior a trinta no horario de entrada.

b) Faltar ó traballo un día sen xustificación.

c) Non cursar en tempo oportuno o documento correspondente, cando se falte ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

d) Non comunicar á dirección da empresa a residencia e domicilio, así como os cambios neles.

e) As discusións sobre asuntos extraños ó traballo dentro das dependencias da compañía. Se tales discusións produciran escándalo notorio, considerarase falta grave ou moi grave.

f) Pequenos descoidos na conservación do material ou equipamento.

g) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada e sen notificación ó inmediato superior, aínda cando sexa por breve tempo. Se o dito abandono implicara risco de prexuízo de consideración á empresa ou de accidente ou constituíra un quebranto da disciplina, poderá considerarse a falta como grave o moi grave.

Artigo 41º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves as accións ou omisións seguintes:

a) Máis de tres faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, superiores a dez minutos e inferiores a trinta, durante un período de trinta días.

b) Ausencia ou atrasos superiores a trinta minutos, sen causa xustificada, por dous días durante un período de trinta.

c) Faltar ó traballo dous días nun período de trinta sen xustificación.

d) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia, que poidan afecta-la Seguridade Social, a Facenda Pública, ou ter calquera repercusión económica. A falta maliciosa nestes datos considerarase como falta moi grave.

e) Entregarse a xogos, distraccións ou durmir durante a xornada de traballo. Se a falta se cometera nun posto de responsabilidade poderá cualificarse como moi grave.

f) A simulación de enfermidade ou accidente.

g) A desobediencia ós superiores en materia de traballo. Se implicase quebranto da disciplina ou deles derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá cualificarse como falta moi grave.

h) Simula-la presencia doutro traballador, asinar ou fichar por el.

i) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha del.

j) A imprudencia no traballo. Se implicase risco de accidente para as persoas ou as instalacións, poderá cualificarse como moi grave.

k) Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar para usos propios ferramentas ou materiais da empresa.

l) A embriaguez ou toxicomanía ocasional durante o traballo. Se diso se derivara perigo para as persoas ou instalacións, poderá cualificarse falta moi grave.

m) A reincidencia en faltas leves, excluída a de puntualidade, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dos tres meses seguinte á sanción anterior.

Artigo 42º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as accións ou omisións seguintes:

a) Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, superiores a dez minutos, cometidas nun período de seis meses ou vinte durante un ano.

b) Faltar tres días ó traballo, durante un período de sesenta días, sen causa que o xustifique.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa como ós seus traballadores ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa.

d) Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar desperfectos en materias primas, vehículos, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, utensilios, vestiario, documentos ou calquera outra propiedade da compañía.

e) A embriaguez habitual ou toxicomanía durante o traballo.

f) Viola-lo segredo de correspondencia ou de documentos reservados, ou revelar datos de reserva obrigada.

g) Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou faltas graves de respecto ou consideración ós superiores, compañeiros, subordinados e os seus familiares, así como a persoas alleas á empresa, con ocasión da actividade laboral.

h) Causar accidente grave por neglixencia ou imprudencia.

i) Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

j) A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo.

k) Orixinar frecuentes liortas e pendencias cos compañeiros de traballo.

l) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos doce meses seguintes á sanción anterior.

m) O abuso de autoridade por parte dos superiores será sempre considerado falta moi grave. O que o sufra poderá poñelo directamente en coñecemento da dirección ou do comité de empresa.

n) Ordenar expresamente a realización de traballos ou tarefas en forma tal que implique a vulneración dos procedementos escritos con risco grave para as persoas ou as instalacións.

ñ) Non atender ó público coa corrección e dilixencia debidas.

Artigo 43º.-Sancións.

As sancións que poderá impoñe-la dirección, atendendo á gravidade da falta e segundo as circunstancias que concorran en cada caso, serán as seguintes:

Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a dous días.

Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a vinte días.

Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a sesenta días.

-Despedimento disciplinario nos supostos en que a falta se cualifique en grao máximo.

Artigo 44º.-Procedemento.

1. A sanción de faltas requirirá a comunicación escrita e motivada ó traballador.

2. A sanción de faltas moi graves requirirá a previa instrucción dun procedemento contradictorio sumario, con audiencia do traballador afectado e do comité de empresa, tendo este último quince días naturais para emitir informe previo á imposición da sanción.

3. Durante a substanciación do expediente disciplinario aludido no número anterior, a dirección da empresa poderá acorda-la medida cautelar de suspensión de emprego.

4. A dirección da empresa informará o comité de empresa sobre as sancións impostas por faltas graves o moi graves.

5. Cando o traballador estea afiliado a un sindicato, informarase ou oirá o delegado sindical, nos casos e cos procedementos previstos nos puntos 2 e 4 do presente artigo.

6. Tratándose de delegado sindical ou membro de comité de empresa/delegado de persoal, observarase o disposto no artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 45º.-Prescrición.

As faltas leves prescribirán ós dez días; as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días, contados

a partir da data en que a dirección da empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Asínase en Vigo, 23 de xullo de 2002.

Pola empresaPolo comité

RubricadoRubricado

ANEXO

Táboa salarial 2002

Salario

base

Compl.

asistencia

Compl.

convenio

Compl.

distancia

Traballos

penosos

Total

mes

Total

ano

1. Titulados
Superior e asimilados506,370,00845,030,000,001.351,4122.606,97
Superior en prácticas506,370,00457,980,000,00964,3616.414,15
Medio en prácticas506,370,00312,610,000,00818,9914.088,25

2. Administrativos
Xefe de 1ª506,3753,18638,1566,330,001.264,0420.996,33
Xefe de 2ª506,3750,87493,9465,320,001.116,5118.645,06
Oficial de 1ª506,3738,83421,1566,330,001.032,6817.352,03
Oficial de 2ª506,3734,82359,1053,510,00953,8016.105,97
Auxiliar administración506,3727,14211,0065,320,00809,8413.833,28
Auxiliar entrada506,3720,06128,0165,320,00719,7712.420,56

3. Profesionais de oficio e persoal obreiro
Encargado maior506,3747,05469,9666,33101,291.191,0119.852,44
Xefe de equipo506,3748,48227,3762,08101,29945,5915.920,01
Especialista506,3746,09148,1760,34101,29862,2614.596,27
Mozo de cámaras506,3746,09132,5762,84101,29849,1614.386,65
Operario/a506,3749,93141,3155,1220,63(1) 773,3713.158,57
Operario cámaras506,370,00186,4066,33101,29860,3914.750,71
Encargado506,370,00273,4266,33101,29947,4116.143,03
Frigorista506,3748,48227,3762,08101,29945,5915.920,01
Axudante frigorista506,3746,09148,1760,34101,29862,2614.596,27

4. Persoal procedente de SofitransaCálculo
(2) antigüidade
Maquinista825,890,00216,6466,3312.293,721.108,8618.726,14
Axudante de maquinista743,690,00150,8766,3311.061,96960,8816.358,54
Peón especialista683,890,00172,2066,3310.190,63922,4215.743,09

(1) Traballos especiais.

(2) Complemento de transporte.

Salario

día

Prima

de rendemento

Horas

complementarias

Total

día

5. Traballadores fixos-descontinuos
Mozo de descarga41,0113,757,0854,76

(1) A retribución diaria (salario fixo máis complementos) inclúe a parte proporcional de descansos, vacacións, pagas extraordinarias e bolsa de vacacións.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA