Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 18 de outubro de 2002 pola que se fai a segunda convocatoria de axudas á renovación da flota pesqueira para o exercicio do ano 2002.

A Orde do 14 de xullo de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas á renovación da flota e á modernización dos buques pesqueiros (DOG do 2-8-2000) sinala no seu artigo 4, tal como foi modificado pola Orde do 1 de xullo de 2002 (DOG do 5-7-2002), que anualmente poderá facerse máis dunha convocatoria.

Que polo que respecta á renovación da flota pesqueira, que é prioritaria sobre a modernización dos buques pesqueiros, para a concesión de axudas, de acordo co previsto no artigo 84 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, é posible realizar unha segunda convocatoria con cargo ós remanentes existentes, procedendo a realización dunha nova convocatoria de axudas circunscrita exclusivamente á construcción de novos buques.

Polas razóns expostas, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.

Convócanse, por segunda vez neste exercicio, axudas á renovación da flota pesqueira, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 14 de xullo de 2000 (DOG do 2 de agosto) coas súas modificacións introducidas pola Orde do 1 de xullo de 2002 (DOG do 5 xullo), sendo o prazo de presentación de solicitudes, de acordo co artigo 12 daquela, de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As axudas concederanse con cargo ós remanentes existentes na aplicación 12.03.723A.770.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002 e cun importe de 4.470.960 euros.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos