Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.206

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de outubro de 2002 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes.

Presentadas renuncias por Luis Ortiz Torres e Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, vocais titular e suplente, respectivamente, en representación da EGAP, do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 (DOG nº 89, do 9 de maio), esta consellería,

de conformidade co establecido na base III.4 da orde de convocatoria do referido proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro.-Acepta-las renuncias de Luis Ortiz Torres e Enrique Valero Gutiérrez del Olmo como vocais titular e suplente do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes.

Segundo.-Así mesmo, esta consellería dispón os nomeamentos de:

-Carlos Baso López, profesor titular da Universidade de Vigo, como vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, en representación da EGAP.

-José Manuel Busto Lago, profesor titular de dereito civil da Universidade da Coruña, como vocal suplente do tribunal encargado de cualifica-lo pro

ceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, en representación da EGAP.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública