Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2002 Páx. 15.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de outubro de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 1 de Vilalba (Lugo).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Vilalba.

Localidade: Vilalba.

Código do centro: 27013326.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 1 de Vilalba.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Lois Peña Novo.