Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T. de interconexión da Central Hidroeléctrica Tronceda-Salto de Lagoa, no concello de Mondoñedo. (Expediente 15/2002 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Sociedad Española de Gene

ración Eléctrica-Segel, S.L. con domicilio para os efectos de notificación na rúa San Roque 4, 5º A, Lugo, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública non se presentou ningunha alegación.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha limitación sobre os predios en expropiación, ás que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997.

É competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e vista a Lei 54/1999, do 27 de novembro e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Sociedad Española de Generación Eléctrica-Segel, S.L. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña media tensión subterránea con orixe na central hidroeléctrica de Tronceda e remate no paso subterráneo-aéreo (apoio número 1 da L.M.T. aérea) de 30 metros de lonxitude a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.Z.-1.

2. Liña media tensión aérea con orixe no paso subterráneo-aéreo (apoio número 1 citado anteriormente) e remate na L.M.T. ó C.T. de Figueiras de 425 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Presta aprobación ó proxecto de execución denominado L.M.T. interconexión central hidroeléctrica Tronceda-Salto de Lagoa, asinado

polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares, e visado polo COETI na Coruña co número 1045/2001 con data do 13-12-2001, unha vez cumpridos os trámites que e sinalan no capítulo II, título VII do citado Real decreto 1955/2000, e visto o contido dos informes técnicos con data do 27 de xuño de 2002.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordo que polo representante da Administración se dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso do 16 de xullo de 2002, Diario Oficial de Galicia do 16 de agosto e no BOP de Lugo do 23 de xullo, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Mondoñedo. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegación, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 19 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo