Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq. 15005 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pedrouzos I.
Situación: A Laracha.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 74 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 9 da liña Silvoso-Salgueiras e final no C.T. Pedrouzo I, que se vai instalar. Centro de transformación aéreo sobre apoio de formigón, de 25 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, Pedrouzo I, do que parte rede de baixa tensión de 29 m en conductor R.Z. para nave agrícola. A Laracha.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 20 de setembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña