Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/277).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq. 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. interconexión Cumiáns-As Nocellas 2ª fase.

Situación: A Laracha.

Características técnicas: líña eléctrica de media tensión aerosubterránea, a 20 kV, con orixe no C.T. Cumiáns e que baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al ten unha lonxitude de 340 m, seguido dun tramo aéreo sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 703 m de lonxitude e con final no tramo de liña entre o C.T. O Raño e o C.T. As Nocellas-A Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña