Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/22-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Pizarras Lomba, S.A.

Domicilio social: Florencio Delgado Gurriarán, 15-3º, 32300 O Barco de Valdeorras.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Canteira Rozadais.

Situación: Casaio (Carballeda de Valdeorras).

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 687 m de lonxitude, en conductor LA-110, con orixe no apoio nº 25 da L.M.T. Unión Fenosa, S.A. canteira Casaio e remata no C.T. en caseta prefabricada con trafo de 250 kVA (proxectado para 1.000 kVA) e R/T 20.000/380-220 V, preto da canteira Rozadais.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 6 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Liñares Bouza

Delegado provincial de Ourense